• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

OLGA MARTÍNEZ

Martínez López, Olga

( Vigo, 1 de diciembre de 1948 )

Biografía

Personalidade de rica formación cultural, é licenciada en pintura pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra, profesora de ensinanza básica e diplomada pola Escola de Maxisterio de Compostela. Cursou música no Conservatorio de Vigo e Ciencias da Educación en Santiago, e seguiu estudios de museística, pedagoxía artística, fotografía, gravado, calcografía, escultura, cerámica e psicoloxía da arte. Obtivo o primeiro premio de pintura do Concello de Vilagarcía de Arousa, foi finalista no certame Ademar Champagnat de 1992 e foi seleccionada noutros de diversas cidades de Galicia. Comezou a expoñer en 1990, en Pontevedra, e posteriormente en case tódalas cidades de Galicia, así como na mostra “Soños dende a terra húmida”, en Passau, Alemaña. Viaxou por Italia, Portugal, Venezuela e México. Está representada en coleccións institucionais de Galicia. Olga Martínez cultiva unha figuración de ascendencia expresionista, na que domina a figura humana e, en concreto, o nu, tanto masculino como feminino. Sobre un debuxo escueto e seguro, a súa mancha é ampla, valiente de gran efectismo. As súas figuras están construídas case directamente coa cor, desde unha enerxía total, sen titubeos, aínda que á fin ese comportamento sexa consecuencia dunha evidente reflexión. A pintura xermánica de entreguerras é referencia da súa obra.

Bibliografía

-Catálogo ”Anthropos”. -Compostela, Xunta de Galicia, 1998. - “ Anthropos” catálogo da exposición, coa obra reproducida.

Obra

  • Recapacitando

    Recapacitando 1997

  • Jugador de Golf

    Jugador de Golf 1998

  • BODEGÓN

    BODEGÓN 1994

  • DESCANSANDO

    DESCANSANDO 1999

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78