• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

ROMERO MASIÁ

Romero Masiá, Rafael

( Santiago de Compostela, 1953 )

Biografía

Artista extraordinariamente dotado, innovador a partir da mellor tradición, grande coñecedor da pintura a través dos séculos, chegou a unha obra persoal, sen necesidade de estridencias nin forzados vangardismos, que sen dúbida non sente. Cursou a carreira de Belas Artes na Escola Superior de Santa Isabel, de Sevilla, e participou nos cursos de paisaxe de Segovia, a partir do ano 1977. En 1980 trasladouse a Italia, para intervir nas actividades da academia de Belas Artes Pietro Vannucci de Perugia, onde obtivo as máximas cualificacións en gravado e pintura. Desde 1992 é profesor de debuxo artístico na Escola de Artes Gráficas e Deseño Maestro Mateo, da súa cidade natal. Comezou a mostra-la súa obra durante a carreira, en Sevilla, en 1977. Participou en colectivas en numerosas cidades españolas, e as súas exposicións individuais realizounas, desde 1981, en Santiago de Compostela, A Coruña, Valladolid e Madrid. Obtivo premios da Deputación de Sevilla, do concello da Coruña e doutras institucións. No primeiro Salón de Outono, convocado pola Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, na Coruña, o xurado decidiu a adquisición da obra presentada por Rafael R. Masiá. Realizou varios murais e ilustrou o libro AGalicia a [email protected], de Sofía Casanova, editado en 1996. Milita na neofiguración desde un concepto irónico no que se acusa a súa admiración por artistas que van de Goya a Daumier. Tamén, quizais, Antoni Clave. Debuxante magnífico, a súa obra está anegada dun clima de suxestións, desde unha paleta deliberadamente axordada, en ocres, sienas, carmíns desvaídos, brancos agrisados. A figura humana enseñoréase do seu traballo, en retratos persoalísimos, nos que o que menos importa é a referencia do modelo, posto que constitúen mundos propios. A súa materia é leve, dita con pincelada ampla, tendida, a base dunha hábil Acociñ[email protected], xa que Masiá coñece moi ben o oficio do pintor. Ás veces imprime ás súas pinturas un leve toque romántico e como misterioso, nos ámbitos da penumbra nos que emerxe o cadro no cadro ou se insinúa unha figura tan sobriamente coloreada que deixa ve-lo soporte debuxístico. Sobra dicir que esta estética contén considerables doses de abstracción, aínda que definitiva nunca recorra ó puro informalismo. Os seus bodegóns son deliciosos, e a referencia formal é desculpa para o exercicio froitivo de pintar, en cualidades táctiles e como bretemosas, embazadas, en verdes, negros e rosas moi líricos. O postimpresionismo preséntese, pero non queda á fin explícito, senón envolto, arroupado por esa mancha como áspera. O humor está suxerido. A grandiosidade do concepto preside sempre esta pintura, calquera que sexa o seu formato. E sempre, sempre, unha elegancia irrefreable aprópiase do resultado, con reminiscencias do barroco veneciano, que sen dúbida ama este compostelano universalizante.

Bibliografía

-"Arte e Solidariedade", catálogo da exposición, presentado por A. Ilarri, coa obra reproducida na p. 47. -F. Pablos, "O secundario elevado ó protagonismo", no catálogo da exposición "Bodegóns e Floreiros", reproducido co núm. 39. -González Sobral, José Luis; Conde, Alfredo; Rozas, Mercedes: Textos en catálogo. Xunta de Galicia. Casa de Galicia. Madrid, 1996. -Casanova, Sofía: Galicia a inefable. Ilustracións. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, 1996.

Obra

  • Sin título

    Sin título 1995

  • Señor con sombrero (El Indiano)

    Señor con sombrero (El Indiano) 1999

  • Paisaje

    Paisaje 1998

  • Bodegón con figura

    Bodegón con figura 1998

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78