Carros en el puerto de Noia

- INV:
- 1023
- Año de creación:
- 1895
- Dimensiones:
- 35 x 49 x 0
- Técnica:
- Óleo/papel pegado a tea
Comentarios
Reproduce con realismo unha escena habitual nas vilas da costa. Coa marea baixa, as mulleres achéganse á beira con carros tirados por bois, para recoller algas ou para transporta-las redes. O rigor xeométrico do espigón do porto e o carácter fragmentario da escena constrastan co clarescuro do primeiro termo e mailo afinamento da factura, que capta reflexos e transparencias nos charcos e sobre a area mollada. O conxunto trasluce un ambiente quedo, entoado con grises, marrón, avermellados e azuis.Bibliografía
F. Pablos "Do Romanticismo ós anos vinte", catálogo da exposición, reproducido co nº 16Exposiciones
"Do Romanticismo ós anos vinte" maio-xuño 1996, Centro Cultural Caixavigo.
Antolóxica "Jenaro Carrero Fernández". Museo de Pontevedra (Edificio Sarmiento). Pontevedra. Do 22 de novembro ao 22 de decembro de 2002.