Comentarios
Cun sentir poético, entre sombras e escuridades, fai emerxer unha arquitectura clásica cunha imaxe arrancada dun libro. O monumento, enfatizado con silencios, convive con textos sen vínculo co representado e con signos, xestos e letras que, fendidos febrilmente na madeira, alteran traumaticamente a superficie da táboa.