• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Holyrood XXIII

ROBERTO GONZÁLEZ

Holyrood XXIII
INV:
1092
Año de creación:
1992
Dimensiones:
42 x 200 x 0
Técnica:
Óleo/tea sobre táboa

Comentarios

Un personaxe, de medio corpo, cunha bicicleta pendurada do ombreiro, mira cara ó interior do cadro que ofrece unha panorámica do parque e palacio de Holyrood, enfocado co encadre característico dun cartel de publicidade turística. Con medios limpos, dunha maneira exacta, reproduce o que percibe cos ollos dende a fiestra da súa casa de Edimburgo. A composición, nítida, articulada con cores brillantes, capta algo máis có que se ve a simple vista; o seu contido é diferente para cada persoa. Da súa contemplación xorde a admiración ante a paisaxe, a beleza da natureza ou a angueira romántica de fundirse con ela. O realismo da representación únese o efecto virtual da imaxe que en inmediata proximidade co espectador semella ter tres dimensións. A obra pertence a unha serie de trinta cadros, todos coas mesmas dimensións, baseados na impresionante paisaxe que o pintor descobre dende o 2º piso do nº 24 da Regent Terrace de Edimburgo en xaneiro de 1977.

Exposiciones

"Holyrood", do 7 de outubro ó 15 de decembro de 1993, no Pavillón Florida, Concello de Madrid.

Do 18 ao 29 de xaneiro de 1996, en Vigo, Confederación de Empresarios de Pontevedra.

"75 años de arte y deporte en Galicia". Casa das Artes, Vigo.  Deo 9 de xuñoo ao 20 de agosto de 1998.

"Colección Caixanova. Pinceladas Galegas" Círculo de las Artes. Lugo. Do 25 de abril ao 23 de maio de 2008

Reproducciones

J. Mazarra "Holyrood", catálogo da exposición, onde tamén se reproduce a obra; Fernando Francés "González Fernández e a modernidade", en ABC cultural, 17 de marzo de 1995.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78