• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Cousas do mar e da terra

JUAN LUIS

Cousas do mar e da terra
INV:
1659
Año de creación:
1964
Dimensiones:
38 x 55 x 0
Técnica:
Óleo sobre lenzo

Comentarios

Elementos de gran sinxeleza ennobrecen e xustifican unha obra rica e colorista que lle serve ó autor para realizar un estudio de naturezas mortas e obxectos, das diferentes texturas e, sobre todo, da luz que preocupaba e interesaba a un artista amante da observación directa, da pintura nacida do contacto íntimo co obxecto. A obra é xenerosa en materia, e a cor xorde dunha pincelada cada vez máis libre aínda que Juan Luis non perde nunca, como bo clásico, a definición do debuxo. O mar e a terra son temas recorrentes na súa obra, non exenta de certo folclorismo e, neste caso, escolleu a humildade dos obxectos dun contorno cotidián e popular, retratados nun forzado primeiro plano, para inmortalizalos coma nunha instantánea fotográfica. EXPOSICIÓNS: "III Ciclo del fondo de arte de Caixaourense". Do 20 de outubro ó 11 de novembro 1989. Aula de Cultura de Caixaourense, Ourense REPRODUCCIÓNS: "III Ciclo del fondo de arte de Caixaourense". Aula de Cultura de Caixaourense, Ourense, 1989
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78