Comentarios
A pintora préstalle especial atención á figura feminina que protagoniza escenas da vida rural. A nena loira, coas mans cruzadas sobre o colo destaca como unha gran moneca sentada onda un cesto cheo de froita medio cuberto por un pano branco. O seu corpo ocupa toda a superficie do cadro dividida en dous campos de cor, con empastes luminosos que realzan o talento poético da artista que imbúe os seus personaxes dun aire primitivo entendido este como a simplicidade ou sinxeleza da alma que reflicten.
Bibliografía
F. Pablos "Tradición e vangarda" no catálogo da exposición
"Entre a tradición e a modernidade" reproducido co nº 14.
Exposiciones
"Entre a tradición e a modernidade" no Centro Cultural Caixavigo,ro, 1996.
outub