Mesa de invierno
Comentarios
Mínimos cambios na composición e na luz crean obras aparentemente semellantes pero moi diferentes. Son variacións sobre un mismo tema. Un paxaro, a póla dunha froiteira, e unha mesa, son algunhas das pezas que move e coloca de maneira distinta nos seus bodegóns. Nesta “Mesa de inverno” sobre un fondo infinito, de cor alaranxada, resalta unha mesa e un banquiño colocados en diagonal ó plano do cadro, con obxectos cubertos de neve, ordenados sobre o taboleiro, mentres no aire, sólido e rotundo, flota un paxaro. A obra pertence á etapa da súa estancia en Nova York.Bibliografía
F. Pablos "Tradición e vangarda" no catálogo da exposición
"Entre a tradición e a modernidade" reproducido co nº 32
"Jorge Castillo", Catálogo da exposición nol Centro Galego de Arte Contemporánea. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela 2001.
Exposiciones
"Entre a tradición e a modernidade" no Centro Cultural Caixavigo,outubro, 1996.
Reproducciones
"Jorge Castillo", catálogo da exposición no Centro Galego de Arte Contemporánea, 2001.