• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Umbral y tolerancia añil, Skyline Pico Sacro

GUILLERMO AYMERICH

Umbral y tolerancia añil, Skyline Pico Sacro
INV:
2415
Año de creación:
1998
Dimensiones:
114 x 162 x 0
Técnica:
Acrílico/tea e unha foto de 10 x 15

Comentarios

A obra pertence á serie Umbral e tolerencia, que se ordena con fragmentos de edificios e letreiros de sitios que para o autor ten algún significado, xogando co branco e o negro, ós que engade en cada unhas das obras outra cor do espectro cromático. Aquí, en Pico Sacro, a cor engadida é o añil, que, segundo lle dea a luz, vémolo como mourado. As formas escuras proxectadas sobre un fondo branco resplandecente crean unha imaxe de verdade e simplicidade que nos impacta e nos introduce na cultura da imaxe e a percepción á vez que nos leva a disquisicións sobre a sombra como perfil, a arte da silueta, e a outras asociacións que enlazan co mito da orixe da pintura. Mestura a técnica fotográfica e a pictórica, deixándose levar pola súa maneira de pensar e de mirar, logrando unha imaxe chea de enerxía, cun artificio, como diría Leonardo, que responde a un discurso mental.

Bibliografía

Catálogo da IV Bienal de Lalín, Xunta de Galicia, Concello de Lalín, 1999 reproducida a obra na páxina 50; Severino Penelas "Umbral y tolerancia skyline 1998" no catálogo da exposición "Pasaje al negro" Caja Madrid, Pontevedra, 1998; Vicente Jarque "Pintar e/ou fotografiar Santiago" no catálogo "Umbral y tolerancia" editado pola Xunta de Galicia 1998; Stoichita, Victor I. "Breve historia de la sombra" Siruela, Madrid 1999; Leonardo de Vinci "Tratado de la pintura" Espasa Calpe 1956.

Exposiciones

“IV Bienal de Lalín M. Municipal Ramón María Aller Ulloa, 1999.

"1984-2004.Vinte anos de creación artística en Galicia na Colección Caixanova".  Do 26 de febreiro ao 28 de marzo 2004.Centro Cultural Caixanova. Vigo.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78