Gallo huyendo de la pintura
Comentarios
Insírese na serie "Bharat Mata" que iniciou Basso na India, aínda que as ideas que a rexen comezaron a xestarse en Venezuela. É unha pintura densa que conforma certo relevo sobre a superficie, na vía do informalismo matérico de Tápies. Semella unha composición casual froito dunha intuición imprecisa; sen embargo o tema xorde do interior do artista a través dunha empatía coa cor, a materia e o espacio da tea. Todo responde a un programa emocional e a un ideario estético no que aniña un certo hálito romántico, un intento de comunión coa natureza, na contemplación da cal radica a profundidade da obra. Crea o artista un ámbito máxico que conta coa alquimia do azar para levarnos a un espectáculo visual que se estende fóra das dimensións da tea.Exposiciones
"Bharat Mata" Atlántico Centro de Arte, A Coruña 1999. "IV Foro Atlántico de Arte Contemporáneo" Pontevedra, 1999.
Exposición “Arte Galega 2D-XXI. Colección Caixanova” no Instituto Cervantes de París, do 25 de abril ao 30 de maio de 2008.