Sin título
Comentarios
A obra é un fiel reflexo da poética deste artista que recolle e fai seus os elementos clásicos, os restos arqueolóxicos ou de culturas antigas trasladándoos ó seu traballo.As palmeiras e as construccións de adobe compoñen un escenario que remite á vida no deserto, á cultura oriental e ós contos árabes das "Mil e unha noites".
Este mundo máxico, exótico, escóndese baixo as inscricións e os manchóns que dificultan a contemplación da paisaxe dominada polas raiaduras, incisións, grafías que, en opinión de Severino Penelas, é unha homenaxe do artista a Cy Twombly, referente de todo creador interesado no grafismo.
A táboa escapa ó concepto de tempo, provocando a sensación de que este está detido, de que se pode abarcar toda a sabedoría da Historia da Arte, impresión acentuada por esa forte presencia do verniz, dos brillos, que lle outorgan un aspecto de obra clásica, de peza de museo estragada e deteriorada pola nosa mirada, pola curiosidade de visitantes e turistas.
Exposiciones
"1984-2004.Vinte anos de creación artística en Galicia na Colección Caixanova". Do 26 de febreiro ao 28 de marzo 2004. Centro CulturalCaixanova. Vigo.
"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester. Ferrol. Do 21 de marzo ao 18 de abril de 2002. Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela. Do 26 de abril ao 28 de xullo de 2002. Pazo da Cultura. Pontevedra. Do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.