• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Muller III

ANTÓN PULIDO

Muller III
INV:
2586
Año de creación:
1991
Dimensiones:
200 x 200 x 0
Técnica:
Óleo sobre lenzo

Comentarios

Sería imposible non sentirse seducido pola imaxe desta muller espida, sensual, concibida como unha moderna Danae, -tema moi do gusto do autor-, que se dispón voluptuosamente para ser bañada por unha choiva luxuriosa e envolvente.

A figura feminina, atraída cara ó primeiro plano, sitúase na zona inferior do cadro, facéndose tanxible e relegando o resto do lenzo para que o autor expanda a súa pincelada visceral e potente. A figura, dun forte ton alaranxado, está completamente perfilada por un trazo negro, groso e empastado, que cerca a figura sen acadar convertela en silueta.

A cor non é estática, móvese, mestúrase, extraendo interesantes sensacións de luz e movemento. Tras o aparente caos, as pinceladas distribúense ordenadamente. Os morados e azuis amoréanse arredor da obra, xerando unha auréola en torno á figura, permitindo que a zona central respire con máis liberdade. O centro é un fluír de pintura, o branco combínase con fortes pinceladas en negro e sucédense as explosións, os chorreos e goteos amarronados, dourados, que semellan xurdir como burbullas do propio lenzo, evitando en todo momento os tons evidentes e transmitindo a emoción e inquietude das paixóns.

Exposiciones

"Antón Pulido". Maio-xuño de 1991. Casa da Parra, Santiago de Compostela.
"Antón Pulido. 1980-2000". 2001, Casa das Artes, Vigo.
"Antón Pulido. 1980-2000". Abril-maio de 2001. Museo Municipal de Ourense, Ourense.
"Antón Pulido". Novembro-decembro de 2001. Casa da Parra, Santiago de Compostela.
"Colectiva". 2000. Museo Fundación Celta de Vigo, Vigo.
"25 años de arte. 25 años de empresa.Arte gallego para un aniversario". Sede da Confederación de Empresarios da Provincia de Pontevedra. Vigo. Do 29 de outubro ao 27 de novembro de 2002.

Reproducciones

"Antón Pulido. 1991". Xunta de Galicia, A Coruña, 1991, s.p.
"Antón Pulido. 1980-2000". Concello de Ourense, Vigo, 2001, páx. 47.
"Antón Pulido". Xunta de Galicia, A Coruña, 2001, páx. 56.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78