• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

ELOGIO DE LA SOMBRA

JORGE LLORCA

ELOGIO DE LA SOMBRA
INV:
2599
Año de creación:
2001
Dimensiones:
122 x 121 x 0
Técnica:
Técnica mixta sobre táboa

Comentarios

O maniqueísmo, a presencia de luz e escuridade, orde e desorde, horizontal e vertical semellan dominar toda a composición, dividida en dous espacios claramente delimitados.

A tea suxire a descrición dun amencer, un mundo que está sometido ás tebras esperando a se inundar de luz, que se anuncia timidamente na zona superior, composta por unha franxa de suave cor amarela, sumindo a zona inferior onde se desenvolve a obra nun negro absoluto.

O bodegón é dunha gran sobriedade, fronte á luminosa liña do horizonte, a superficie negra é un campo no que presenta dúas naturezas, unha verde e viva, simbolizada nun cacto enmarcado nun ordenado rectángulo negro e unha natureza máis sobria e caduca, interpretada polos figos e as varxas, que se dispoñen sobre unha mancha de verniz que se derrama sobre o lenzo, como dispostas para seren sementadas nun rego de terra.

A monocromía é a nota dominante nunha obra na que unicamente destacan o ton amarelo e o verde da planta. A oposición non só se experimenta na selección cromática senón na disposición vertical do cacto, do vivo motivo iconográfico que busca a luz fronte á concepción horizontal da composición.

A factura é acabada, cunha pincelada limpa, imperceptible, só violentada na superficie escura e mate pola mancha de verniz que se esparexe aumentando os valores lumínicos da peza. A obra esixe unha interpretación dende a emoción plástica, intentando captar a harmoniosa relación entre arte e poesía, beleza e sentimento.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78