• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Olas

PURI DEL PALACIO

Olas
INV:
2644
Año de creación:
2001
Dimensiones:
27 x 46 x 0
Técnica:
Acrílico sobre lenzo

Comentarios

A intensidade da cor impresiona nesta paisaxe nacida da luz do Atlántico que suxire a existencia duns espacios persoais e íntimos que perviven na memoria da autora como, en palabras de Román Pereiro, "unha concepción mental de sentimentos e lugares nos que ela sitúa a felicidade". A partir da liña do horizonte estructura rigorosamente a mariña en dous niveis, dominados polo azul intenso dun ceo en calma e o verde mar, que morre na orela nunha secuencia interminable de pequenas e ledas ondas. A pincelada plana e limpa da zona superior, que describe un degradado de azuis, contrasta co primeiro plano onde os trazos soltos e xoguetóns serpentean imitando miles de ondas de cores e a escuma branca recrea a caricia da auga na beira. A luz inunda toda a composición acentuando a riqueza cromática, permitindo que o azul e o verde mar se transformen nunha sinfonía de rosas, azuis, violetas, brancos... A pintura recupera en Pury de Palacio o seu lugar e o seu espacio ó presentar un escenario recoñecible polo que é doado camiñar, un mundo de imaxes compartidas que tamén habitan en nós mesmos. EXPOSICIÓNS: "Pury del Palacio". Do 9 de abril ó 10 de maio de 2002. Sala de Arte da Fundación Celta de Vigo, Vigo. REPRODUCCIÓNS: "Pury del Palacio". Fundación Celta de Vigo.Vigo, 2002, s.p.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78