• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

CHICAGO (I)

XURXO ALONSO

CHICAGO (I)
INV:
2699
Año de creación:
2002
Dimensiones:
38 x 105 x 0
Técnica:
Acrílico sobre papel/táboa

Comentarios

Chicago descóbrese ante os ollos do espectador coma unha cidade na que a verticalidade dos seus edificios compénsase co seu desenvolvemento horizontal, converténdoa nunha urbe panorámica, nunha narración onde mar, ceo e arquitectura compoñen todo.

A obra concíbese mediante un sutil xogo de dualidades e contraposicións, evidente non só no conflito vertical-horizontal, senón na cor e nas formas. O predominio gris da natureza rómpese coa descrición dos altos edificios nos que o colorido convértese no trazo dominante.

O non cor actúa como base sobre a que se asentan os perfís dos rañaceos que parecen realizados mediante modelo, a través de anacos de cores brillantes, caprichosas, que varían dende os amarelos, os ocres e os laranxas e os verdes, ata os azulóns e os violetas máis intensos. A cor convértese en xeometría e a xeometría en mancha que vai delimitando, a modo de colaxe, ángulos, contornos, superficies para configurar unha potente silueta urbana enmarcada polas nubes transparentes, algodonosas cun sentido da unidade e da harmonía que equilibran a totalidade do conxunto.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78