Comentarios
Como xa é característico na obra desta artista ferrolá, a obra remítenos a un lugar recóndito da memoria. Trátase dunha obra intimista e delicada, á vez que intensa que, a modo de diario, descobre o máis persoal desta artista. O punto central do lenzo ocúpao a palabra “Desexo” escrita sobre un papel. A esta suxestiva palabra acompáñana moitas outras presentes nos recortes de periódico que enmarcan a obra, conseguindo unha potente colaxe. O protagonismo do lenzo sitúase entre a palabra central e a intensa cor vermella que de novo nos dirixe ao desexo, reforzando así o obxectivo último da obra. Estamos ante un traballo humanista que parece que retrata o lugar do ser humano do que nacen as paixóns, a intensidade e a loucura.
Exposiciones
IV Bienal de Lalín Pintor Laxeiro 2003 - Museo Municipal Ramón María Aller, de Lalín (Pontevedra).
Reproducciones
IV Bienal de Lalín Pintor Laxeiro. Catálogo. Xunta de Galicia e Concello de Lalín, 2003.