SIN TÍTULO

- INV:
- 2762
- Dimensiones:
- 40 x 36 x 0
- Técnica:
- Óleo sobre lenzo
Comentarios
Nesta obra de reducidas dimensións podemos observar, no alto dunha escura escalinata, o pórtico dunha igrexa ou convento. A ambos os lados das escaleiras están xa as casas da vila, onde se aprecia unha ventá aberta desde a que sae unha luz amarela que contrasta coa sombra e as cores escuras que compoñen o cadro.É unha obra onde a sombra desfigura os obxectos e impide ver con claridade os pormenores do pórtico representado. Detállanse moi pouco as formas.
Este pintor, autodidacta de formación e compostelán de nacemento, representa constantemente nas súas obras os monumentos e a paisaxe urbana que o rodea.