MEMORIA DE ÁFRICA
Comentarios
Dentro da liña iniciada nos anos 90 por este autor, no camiño da paulatina negación da imaxe, como unha crítica á presenza excesiva desta na nosa sociedade, encóntrase esta obra, unha das máis valentes, arriscadas e conseguidas deste coherente artista. A obra formula un exercicio para a propia memoria do espectador, que se ve obrigado a abandonar a súa actitude pasiva para, acudindo aos seus propios recordos ou a aquilo que a obra lle evoca, recompoñela e descubrir aquilo que a escuridade esconde sen ocultar. Trátase dunha magnífica obra que, nunha mirada superficial, pode parecer simple pero que, antes ao contrario, está cargada de matices, de sensacións, de luces, sombras e cores que a converten nunha das obras cumes do seu autor.A obra pertence á serie Estrutura da Memoria, na que Huete abandona conscientemente a imaxe para construír traballos coma este, que transcorren con igual intensidade polo camiño do intelecto e polo das sensacións.
Exposiciones
Espazo Colección Caixanova. Exposición Permanente da Colección Caixanova. Xaneiro 2005.
Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.