• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Oliva

DIEGO DE GIRÁLDEZ

Oliva
INV:
3147
Año de creación:
1997
Dimensiones:
12 x 14 x 0
Técnica:
Técnica mixta sobre papel

Comentarios

O minucioso resulta inquietante neste autor, cunha paixón polo detalle, polo fidedigno que o leva a impoñer a súa verdade, alterando o tema representado, trocándoo en algo enigmático e único.

O pequeno tamaño do bodegón contribúe a que o froito adquira unha dimensión grandiosa, dominando o centro dun espazo que lle pertence e que o xustifica por completo. A intensidade da súa cor verdosa destaca sobre o fondo negro e pardo, clara herdanza da estética tenebrista, empregando, como nun escenario, a luz puntual para extraer brillos da lustrosa superficie.

A esencia da vida parece estar contida na pequena oliva, absolutamente minúscula e, sen embargo, plena de significado e de forza. O seu compoñente simbólico adquíreo polo seu vínculo filial coa oliveira, emblema da paz e da sabedoría. A oliva representa a realidade transcendida, panteísta, sempre latente no mundo persoal de Giráldez que evoca, en palabras de Román Pereiro, "as cousas sacras do fogar e da terra".


Exposiciones

"Diego de Giráldez". Do 4 ao 15 de xuño de 1998. Sala de Exposicións de Caixapontevedra, Pontevedra.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78