• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

BODEGÓN

DIEGO DE GIRÁLDEZ

BODEGÓN
INV:
3157
Año de creación:
1981
Dimensiones:
24 x 29 x 0
Técnica:
Técnica mixta sobre táblex

Comentarios

O sentimento íntimo e relixioso que transmiten as naturezas mortas do Século de Ouro mantéñense nesta obra que sabemos que é contemporánea polo moderno do material e do deseño dos obxectos representados.

O bodegón, minucioso e delicado, admite a soa presenza de tres pezas cotiás e vulgares, un azucreiro de plástico, unha cunca de duralex e unha palmatoria de cerámica situados nun primeiro plano, deixando tras si, un vasto fondo negro.

O autor recréase no detalle das formas, no estudo dos diferentes materiais e do comportamento destes perante a luz. A transparencia da cunca de cristal, descrita mediante certeiros toques en branco, vese reforzada polo predominio do negro tenebroso conseguindo que o azucreiro e a palmatoria se recorten como dúas nítidas siluetas sobre o baleiro.

A natureza silenciosa oculta un compromiso coa infancia e a memoria do artista que invoca, a través da austeridade e sinxeleza do enxoval, da súa realidade familiar, dos seus recordos da Galicia rural e eterna.

Exposiciones

"Diego de Giráldez". Do 21 de maio ao 3 de xuño de 1982. Sala de Exposicións de Caixapontevedra, Pontevedra.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78