VENECIA

- INV:
- 3221
- Año de creación:
- 1999
- Dimensiones:
- 74 x 92 x 0
- Técnica:
- Óleo sobre lenzo
Comentarios
Venecia é so unha referencia, unha utopía de busca e de destino como Ítaca, entendendo que o fascinante é a propia viaxe que invita á aprendizaxe, ao descubrimento da fortaleza antiga e mitolóxica do Mare Nostrum.O mar e a atmosfera son os grandes protagonistas, as súas voces impóñense sobre a obra a través dos seus estados físicos que exercen un gran poder de comunicación. A nítida liña do horizonte reforza a oposición de elementos, aire e auga, creando un ritmo emotivo e expectante. A calma mariña, dunha tranquilidade inquietante, contrasta coa atmosfera convulsionada, chea de matices cromáticos e variacións lumínicas que decorren dende o azulón ao branco luminoso. Arrepía o azul tenebroso, case negro, da lagoa, á vez que a meteoroloxía nega a habitual luminosidade mediterránea.
Faise tanxible a sensación de tempo, de momento límite previo á acción, de fracción de segundo antes de que o ceo estoupe sobre as nosas cabezas provocando que o ansiado destino se converta nun soño imposible.