• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

A MAR ESPELLO

ANTÓN SOBRAL

A MAR ESPELLO
INV:
3226
Año de creación:
1995
Dimensiones:
38 x 46 x 0
Técnica:
Óleo sobre lenzo

Comentarios

A natureza en estado puro convértese nunha linguaxe, nun código de comunicación propio a través do cal o autor expresa emocións seguindo a estela dos grandes pintores e poetas románticos.

A paisaxe remite a unha realidade trascendida, mítica e sobrecolledora, que mantén un difícil equilibrio entre dous elementos, o mar relaxado e as brumas axitadas. A liña do horizonte individualiza ambos os dous medios de personalidades opostas e cromatismo compartido. A paleta contrastada da atmosfera, que se reflicte na masa oceánica, admite a combinación de amarelos, azulóns e violetas que xeran un ambiente pesado e de ensoño.

O trazo axústase para crear as diferenzas e matices necesarios que captan a realidade física dos dous principios, pincelada en calma na auga, que se violenta e altera para configurar celaxes estremecidas.

Como sinala Baudelaire nas Flores do mal, o mar é unha metáfora das turbacións e sentimentos humanos, é un espello onde se proxectan os estados da alma.

¡Home libre, ti sempre preferirás o mar!

O mar é o espello no que a túa alma se mira.

Exposiciones

"Amar o Mar. Antón Sobral". Do 17 ao 27 de abril de 1995. Sala de Exposicións de Caixapontevedra, Pontevedra.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78