• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

SIN TÍTULO

ANTÓN SOBRAL

SIN TÍTULO
INV:
3237
Año de creación:
1989
Dimensiones:
92 x 73 x 0
Técnica:
Óleo sobre lenzo

Comentarios

Para o autor, a natureza é a busca e a resposta, é un medio de expresión e de reflexión.

A paisaxe preséntase como un mundo estraño e alleo, un ámbito de acceso vedado por unha grosa liña negra que impón un límite, unha barreira visual de prohibido pasar que só permite gozar do espazo natural dende a distancia.

A beleza dunha atmosfera de cor pastel, de mancha delicada e algodonosa, dá paso á ladeira redondeada de cromatismo intenso e trazo descritivo. O xesto actúa como xerador de formas, de ondulacións e fendeduras que conforman un voluptuoso relevo sometido a contrastes lumínicos, a ritmos interrompidos coa presenza de dúas pezas xeométricas que, como grandes alteracións artificiais, sobrehumanas, modifican a sinuosa codia terrestre.

Exposiciones

"Antón Sobral". Do 3 ao 13 de abril de 1989. Sala de Exposicións de Caixapontevedra, Pontevedra.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78