• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

MESA CON LIMONES

DIEGO DE GIRÁLDEZ

MESA CON LIMONES
INV:
3427
Año de creación:
1981
Dimensiones:
31 x 27 x 0
Técnica:
Técnica mixta sobre papel

Comentarios

A beleza contida nas pequenas cousas forma parte do esencial da vida, dunha realidade que o autor recolle para expoñer os grandes temas da existencia.

Cinco limóns situados humildemente, sen aderezos, sobre un espazo indeterminado, revélanse como un motivo de gran forza plástica e semántica.

O autor esmérase na recreación ambiental, na elaboración dun deseño que transforma os obxectos en suxeitos. Con trazo coidadoso e preciso reproduce a esfericidade dos cítricos, capta o seu volume e imprímelles cor mediante un detallado estudo das variacións lumínicas sobre a súa superficie. Os amarelos adquiren matices dourados, os brancos delatan os puntos de luz directa e os verdeazulados colaboran para ofrecer un aspecto táctil e poroso. A escuridade de fondo, unha clara homenaxe aos bodegóns do barroco español, exalta as virtudes da natureza morta revestíndoa dun halo místico, dun panteísmo que transforma a vulgaridade dos froitos nunha imaxe relixiosa merecedora de culto.

Exposiciones

"Diego de Giráldez". Do 2 ao 12 de febreiro de 1987. Sala de Exposicións de Caixapontevedra, Pontevedra.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78