• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

PAISAJE CON TEJADOS ROJOS

LEOPOLDO VARELA

PAISAJE CON TEJADOS ROJOS
INV:
3750
Año de creación:
2003
Dimensiones:
54 x 65 x 0
Técnica:
Óleo sobre lenzo

Comentarios

A obra pertence a unha serie de catro pezas nas que o seu autor recrea unha paisaxe campestre idílica, apenas esbozada. Na titulada “Paisaxe con tellados vermellos” descubrimos tres casas enfiladas tras unha árbore que se erixe en primeiro plano. A primeira das casas mostra o tellado vermello que lle dá título á obra.

Como caracteriza esta etapa pictórica de Leopoldo Varela, a imaxe aparece apenas esbozada, esquemática na súa composición, co que lle cede todo o protagonismo da obra á técnica empregada e á intensidade cromática conseguida. A escena constrúese a partir de cores acesas de grande intensidade: o vermello do tellado, que lle achega o contrapunto cálido á escena desde o centro desta, os azuis do ceo e mesmo os verdes do campo e da árbore son os verdadeiros protagonistas. A obra constrúese a partir de retortas e grosas pinceladas cargadas de densidade que lle confiren un aspecto claramente matérico, convertendo a súa contemplación nun exercicio case tan visual coma táctil.

Exposiciones

Leopoldo Varela. 50 anos de pintura. Do 13 de maio ao 13 de xuño de 2004. Centro Social Caixanova en Vigo.

Reproducciones

Catálogo da exposición Leopoldo Varela. 50 anos de pintura. Do 13 de maio ao 13 de xuño de 2004. Centro Social Caixanova.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78