COMPOSICIÓN CON FOLLAS DE GINGKO
Comentarios
Xaquín Chaves presenta nesta obra unha paisaxe íntima, xeométrica e abstracta onde o protagonismo da cor aparece baixo o dominio de pigmentos, acrílicos e grafitos con diferentes toques de luz que fan referencia a unha pintura vital, colorista e poética que invita á reflexión.Harmonía de formas e cores céntranse no trazo e no ritmo dos signos. Alusións a arcos, ventás, grecas e raiados que toman como fonte de inspiración a natureza.
Unha paleta rica e expresiva, onde todas as gamas de cores son posibles dende os vermellos e ocres, a amarelos e brancos, con verdes e azulados que aluden á súa terra: Galicia.
Diferentes tonalidades, en ocasións densas e veladas, que conseguen a textura desexada e que fan da obra de Xaquín Chaves un universo persoal cheo de paixón e de emoción.
Exposiciones
Exposición "Intersticios. Xaquín Chaves", Sala I do Centro Social Caixanova-Vigo, do 14 xaneiro ao 6 febreiro de 2005.
Exposición “Arte Galega 2D-XXI. Colección Caixanova” no Instituto Cervantes de París, do 25 de abril ao 30 de maio de 2008.
Reproducciones
Catálogo "Intersticios. Xaquín Chaves", páxina 51.
“Arte Galega 2D-XXI. Colección Caixanova”, páxina 35.