• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

ÓRBITA BEREBERE

JESÚS NÚÑEZ

ÓRBITA BEREBERE
INV:
3888
Año de creación:
1990
Dimensiones:
150 x 112 x 0
Técnica:
Litografía-Xilografía.Exemplar 3/3.

Comentarios

Estamos ante unha espléndida obra que xustifica por si soa a clasificación do seu autor como un dos grandes mestres do gravado de todos os tempos. Un artista que se implica e que realiza persoalmente todos os pasos de estampación, dende as matrices ata a estampación última.

A obra Órbita Berebere pertence á década dos 90, á época na que a combinación de litografía e xilografía lle permite descubrir e investigar novos volumes, profundidades e relevos. Un pleno dominio das técnicas de estampación que o anima a lanzarse a temas tan ambiciosos e complicados coma o cosmos. Nesta serie desaparece a arquitectura para dar paso ao espazo cósmico a onde Jesús Núñez nos envía da man da nosa imaxinación. A escena enriquécese co que parecen ser misteriosos petróglifos, arqueoloxías evocadas e todo un mundo de símbolos e composicións que nos trasladan a un mundo máxico e misterioso de extraordinaria beleza.

O obxectivo de Jesús Núñez de elevar o gravado á categoría que merece, parella á pintura, á escultura ou ao resto das grandes artes, parece conseguido á luz de obras da categoría desta.

Exposiciones

"Jesús Núñez. Grandes Artistas Galegos" Centro Cultural Caixanova. Do 12 abril ao 17 maio de 2007.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78