• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

MESA ESQUECIDA

XOSÉ LUIS DE DIOS

MESA ESQUECIDA
INV:
3917
Año de creación:
1995
Dimensiones:
119 x 200 x 0
Técnica:
Óleo sobre lenzo

Comentarios

O horror vacui é un elemento practicamente inseparable na obra deste artista, máis presente a medida que vai madurando como pintor e que deriva cara a unha pintura expansiva.

Esta composición representa un bodegón. As cores son escuras con algunha lapa de cor, sobre todo no medio do cadro, onde a luz incide a través de cores máis vivas e luminosas. Os vermellos, amarelos e laranxas son habituais nas súas obras, que contrastan co negro, co que baña certas figuras e fondos.

Pódese observar tamén como nesta obra delimita o espazo e xera a sensación de perspectiva dun xeito moi efectivo. Na parte superior da obra, os trazos son máis inestables e forman figuras borrosas e focos de luz. Na parte inferior do lenzo, atopamos liñas perfectamente delimitadas que forman unha figura definida; é a parte máis próxima ao espectador.

O resultado é unha obra potente, equilibrada e inquietante.

Exposiciones

"José Luis de Dios. Grandes Artistas Galegos". Centro Cultural Caixanova. Vigo. do 18 de xaneiro ao 24 de ferbreiro de 2008.- Centro Social Caixanova. Ourense. do 3 de abril ao 4 de maio 2008.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78