• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Martín Muñoz

JANO MUÑOZ

Martín Muñoz
INV:
3941
Año de creación:
2005
Dimensiones:
116 x 81 x 0
Técnica:
óleo sobre lenzo

Comentarios

A obra de Jano Muñoz é reflexiva e conceptual e está inmersa no hiperrealismo. Este retrato demostra os dotes dun pintor que ten un dominio total do debuxo e unha técnica impecable.

A imaxe dun neno, neste caso o fillo do artista, de corpo enteiro e visto de fronte que sostén entre os seus brazos un oso de peluche, sobresae sobre un fondo escuro. Tanto a expresión como a actitude do neno son serias, mesmo parece que podería estar enfadado, un exemplo que revela as calidades dun pintor que manexa con precisión o pincel e crea un retrato de gran realismo e equilibrada composición.

Sobrio nas cores, utiliza tons grises, ocres e terras que envolven a imaxe nun halo de misterio. O trazo é firme, sen dar lugar a ningún erro. Utiliza o pincel con suavidade e elegancia e crea veladuras e matices que estremecen. Escolle a luz creando ambientes de gran beleza formal que lle deixan resaltar aquilo que máis lle interesa recalcar.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78