• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

COSTA DE LA MUERTE

KAYDEDA

COSTA DE LA MUERTE
INV:
3995
Año de creación:
1994
Dimensiones:
120 x 90 x 0
Técnica:
Técnica mixta con aplicacións

Comentarios

A obra de Kaydeda proxéctase fóra do cadro xogando cos volumes, coas texturas, coa cor e coa forma. Preto da abstracción, experimenta cos materiais nunha continua busca que enche de luz e cor os seus cadros.

Unha peza na que se recoñecen a area, o mar ennegrecido e a dor representada nas cruces negras. Sucesos acontecidos onde o artista denuncia a catástrofe da vertedura de petróleo nas costas galegas.

Constrúe unha obra de gran formato e simplicidade na composición onde mestura todo tipo de materiais: plásticos, madeira, pigmentos, cinzas, etc. Reutiliza o que a sociedade rexeita e dialoga contrapoñendo texturas, formas, luces e sombras. Admira os procedementos e as técnicas do mundo artesanal medieval e é con estes procedementos e materiais cos que experimenta na obra cun resultado realmente orixinal e xenuíno. Kaydeda valora o acto creador do artista cun proceso ao servizo da busca.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78