• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

CONFUSIÓN IV

ROBERTO GONZÁLEZ

CONFUSIÓN IV
INV:
4197
Año de creación:
2005
Dimensiones:
100 x 100 x 0
Técnica:
mixta sobre lenzo

Comentarios

Roberto González Fernández (RGF) mostra unha obra hiperrealista cunha técnica perfecta que nos somerxe nun clima inquietante, misterioso e intemporal.

Cada unha das obras de RGF forma parte dun proxecto máis amplo, dunha idea coa que traballa durante un tempo. Esta obra pertence á serie "Confusión" que se relaciona coa ameaza do terrorismo internacional contra os piares da civilización occidental, representada neste caso por edificios emblemáticos. Unha obra que reflicte a preocupación do artista pola situación de vulnerabilidade na que se atopa dende hai un tempo a liberdade de expresión, simbolizada por museos, centros de arte contemporánea, bibliotecas e institucións que conteñen, gardan ou presentan libres actos de creación. En contraposición, a ameazante masa de lume que rodea unha impoñente Torre de Babel avanza inexorable con todas as súas connotacións de intolerancia e confusión. A diferenza da serie "Babel-lume", na que aparece unha figura illada que espera o desastre, na serie "Confusión" non aparece ningunha figura, todos fuxiron.

Composición precisa, articulada en cores de gama quente que sobresaen por enriba dos de gama fría, nunha obra claramente reflexionada.

Exposiciones

Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo de novembro, de 2007 a decembro de 2008.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78