• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

TITTIES AND BEER

CARLOS MAÑO

TITTIES AND BEER
INV:
4233
Año de creación:
2004
Dimensiones:
200 x 200 x 0
Técnica:
Pigmentos sobre tea

Comentarios

Na obra de Carlos Maño hai unha clara influencia da estética pop, cun apropiacionismo icónico tipicamente warholiano, imaxes do ámbito popular reproducidas como obras de arte elitistas, pero tamén do informalismo, cunha pincelada xestual moi visible.
O artista parte dunha ou varias fotografías ou imaxes antigas convertidas en icona, para facer unha reformulación e obter unha forma nova de obra de arte. Son siluetas en negativo sobre fondos de gran fantasía e exultante cromatismo, grafismos de potente capacidade suxestiva, onde a liña e o deseño teñen un papel destacado, evocando referencias ao pasado e á tradición clásica pictórica.
A cor, protagonista da composición, é o principal elemento organizador das imaxes. Divide o espazo en tons vivos onde reproduce e distribúe grafismos a xeito de colaxe. Ao lado destas imaxes históricas aparecen tamén representacións da vida cotiá, como é o caso dos paxaros, aves que sobrevoan todos os días as nosas casas, símbolos da liberdade e que teñen cabida na súa obra. Traballa con diferentes gamas investigando coa luz e cos reflexos. A liña e a cor constrúen o espazo mediante a xeración de texturas e volumes.
Unha pintura reflexiva que compón un mundo de atractivo lirismo no que conviven todas as imaxes dun modo tremendamente estético.

Exposiciones

Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova de Vigo, dende abril a xuño 2008.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78