• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Auto de Fé

JANO MUÑOZ

Auto de Fé
INV:
4306
Año de creación:
2007
Dimensiones:
195 x 130 x 0
Técnica:
Óleo sobre lenzo

Comentarios

Autorretrato da súa última etapa pictórica, a diferenza doutros retratos familiares, aquí reflíctese unha imaxe arrepiante e provocadora do artista.
Recorre unha vez máis a influencias clásicas cunha temática de clara inspiración goyesca, co caparucho inquisitorial da figura e a turbada expresión do rostro. Unha mirada que expresa a desesperanza, mostrando a súa rebeldía ante a intolerancia humana. Estamos pois ante unha especie de esperpento ou traxicomedia, onde se evidencia o ideario do artista.
Dende o punto de vista técnico, móstrase o inconfundible estilo do autor con claros contrastes de luz e sombra. Crea unha luz purificadora que envolve a figura fronte ao ceo negro e que somete e aprisiona o corpo como unha especie de opresión física e psicolóxica. En palabras do propio autor "... ten que haber escuridade para que brille a luz".
Unha imaxe moi realista, cunha pincelada máis solta e de gran precisión no debuxo, case fotográfica, con clara inspiración en autores como Cristóbal Toral.

Exposiciones

“Jano Muñoz”, na Sala I do Centro Social Caixanova en Vigo, 10 de outubro ao 17 de novembro do 2007.

Reproducciones

Catálogo exposición "Jano Muñoz", páx. 69.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78