• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

SIN TÍTULO

CECILIO CHAVES

SIN TÍTULO
INV:
4352
Año de creación:
2007
Dimensiones:
114 x 195 x 0
Técnica:
óleo sobre táboa

Comentarios

Pintor de paisaxes urbanas, Cecilio Chaves mostra nesta obra unha grande influencia da fotografía, representando unha imaxe claramente acoutada dun fragmento da trama urbana, neste caso viguesa.

O artista reproduce un tema de grande interese na arte actual, a relación co medio urbano e a súa cultura cotiá, buscando un vínculo emocional co espectador, cun paisaxismo inmediato, próximo, familiar, no que vive o propio artista, tratado con gran naturalismo e sobriedade, combinando tradición e visión contemporánea; é dicir reflexión sobre a paisaxe e captación do instante. Non é polo tanto unha paisaxe anónima, está viva.

A súa investigación da cor concrétase nun luminismo envolvente derivado da súa orixe gaditana, que condiciona unha pincelada solta case impresionista, pero cun traballado contraste de luz e sombra, con ese azul ceo, limpo e fresco, característico como fondo que lle dá natureza á súa obra.

O seu estilo é realista, cun gran estudo do detalle ao plasmar o mobiliario urbano.

Exposiciones

Exposición “Luces atlánticas. Colección Caixanova”, na Sala de Exposicións I do Centro Social Caixanova Vigo, do 9 abril ao 11 maio de 2008.

Reproducciones

Exposición “Luces atlánticas. Colección Caixanova”, páxina 37.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78