• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Sin título

LAXEIRO

Sin título
INV:
520
Año de creación:
1977
Dimensiones:
25 x 18 x 0
Técnica:
Tinta chinesa

Comentarios

Trinta e nove obras da serie que o pintor denomina "Debuxos a tinta china, coloreados", de 25 x 18 cm e 33 x 25 cm, todos asinados e datados no 77, dezasete, no 76, un, e no 78, outro; os demais están sen datar. Neste conxunto de obras mestras, cunha liguaxe polivalente, fai alarde da súa grande capacidade para compoñer e trazar liñas, creando ambientes e confiando na forza expresiva do xesto e maila cor. Para achegármonos a estes debuxos, tódalas propostas son válidas, ningunha é exclusiva, a súa linguaxe suxírelle mundos diferentes a cada espectador. Por expreso desexo do seu autor, non analizamos estas obras separadamente, agrupámolas por motivos, indicando certos rasgos comúns a algunhas e mais especificando determinadas características noutras.
MULLERES, ergueitas ou tumbadas, soas ou en parella, cabezas ou bustos, con liñas esquemáticas puras, con alusións surrealistas ou con expresións dramáticas de inspiración picassiana.
FIGURAS, que se desarticulan e despezan nun ton burlista e irónico, respondendo á estética propia do mundo do soño do pintor.
PEQUEÑOS MONSTRUOS, expresivos e sardónicos, con cabezas enormes, con rostros grotescos, que se abren en dúas pezas coma se tivesen fendeduras, descubrindo espacios que doutro xeito non existirán.
XIGANTES, seres irreais, cunha forza misteriosa, de carácter toténico, de grande valor plástico.
GRUPOS, de figuras e de formas enlazadas, cinguidos en espacios estreitos, a punto de estoupar con furiosa enerxía fóra do marco do papel.
SIGNOS ARABESCOS, punto, raias, trazos insignificantes, configúranse dentro dun contorno negro con machadazos de cor determinados por movementos rápidos e enérxicos.
FORMAS FLUCTUANTES, sobre un espacio escuro, suxerindo posibilidades de cambio e trasladándonos ó mundo máxico, abstracto, do imaxinativo.
Inclúense nesta serie: "Un árbol", de exquisita sensibilidade, "Un búho", de intensa mirada, "Un cristo", sentado, vivo, fóra da iconografía habitual; dous gaiteiros, un barbudo, con figuración clásica, ou outro, con liñas esquemáticas, moi expresivos os dous. Temas narrativos, coma "La familia que abandona la aldea" , camiñando en primeiro termo, en fermosa contraposición coa casa que deixa ó fondo. "Mujer con bastón", "La Avelina", figura corpulenta, que se impón andando, producindo a impresión de que ó seguinte paso vai saír do cadro.
Fai referencias a temas clásicos da Pintura. En "Familia sobre la hierba", combina unha muller núa cun home vestido, tema abordado polos impresionistas, glosado por Picasso e que antes presentara Giorgione. Coa agresividade do branco e o negro, contrastando cun friso de árbores, pinta "Mujeres tumbadas sobre negro", evocación de "Las doncellas a la orilla del Sena", de Courbet, glosadas tamén por Picasso. "Mujer sentada en un sillón" é un recordo de "La mujer turca", de Matisse. Por último, "Dos figuras", contrapostas nun espacio máxico, cunha misteriosa comunicación entre elas, de clara influencia mironiana.

Exposiciones

"Laxeiro e Amigos na Colección Caixanova" Museo Ramón María Aller de Lalín. Do 8 de febreiro ao 9 de marzo de 2008.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78