Comentarios
Describe, con debuxo minucioso, situacións típicas, que acontecen na praza, nun momento determinado, a muller na fonte, esperando a que se encha o balde de auga, o burro atado a unha árbore, o neno sentado no chan brincando cun can, etc. Cada figura e obxecto existen á vez independentemente e como algo esencial no conxunto. A claridade pictórica da composición e a paz que se desprende da escena, producen o efecto das cousas imaxinadas, non vistas na realidade.