Comentarios
En primeiro termo, o mar con barcas que flotan na auga ou fican varadas encol da rampa que sobe ó porto, construído este con casas ordenadas de forma escalonada, entre árbores, cunha trama espacial de afinidades cubistas. A auga xera o clima da escena cun carácter de fragmento que lle dá o recorte lateral das barcas que aparecen incompletas. O conxunto, sintetizado xeometricamente, ofrece unha grande similitude cunha maqueta amorosamente aloumiñada pola cor, en harmonía de verdes, marelos e avermellados.