Comentarios
Xestos espontáneos serpentean sobre a superficie lisa do soporte creando unha sinfonía de arabescos verdes, negros e rosas que rexistran os efectos da luz sobre a auga, os brillos que quedaron gravados na mente da pintora. A factura, abosquexada, a inmediateza, caligráfica, converten o cadro na pura sensación dun fluído. É unha pintura máis da serie «Jardines y agua».
Exposiciones
«Realidad, ensoñación», do 21 de outubro ó 3 de novembro de 1990, Madrid.