Comentarios
Dentro dun óvalo bordeado por un marco barroco, destaca unha dama elegantemente vestida, con adornos de encaixes e colares, un sombreiro que tapa os seus ollos e un abanico entre as mans; ao seu lado, collida do seu brazo, unha nena de fermosos cabelos; ao fondo, entre a escuridade destaca unha man suxeitando a gornición dunha espada. A finura na percepción e selección de detalles e a súa grande capacidade para evocar ambiente activan a memoria suscitando asociacións e lembranzas con contrastes de luces e gran dominio do debuxo.
Exposiciones
Do 30 de outubro ao 12 de novembro de 1991, na Nova Sala de Exposicións Caixavigo.
Reproducciones
"Elsa Pérez Vicente" Catálogo da exposición.