Comentarios
A materia texturada con areíñas e pigmentos alude a follas secas, soleadas, caídas no chan e mesturadas coa terra nun fértil manto avermellado con vírgulas douradas que se estende ata os bidueiros espidos, de troncos prateados, que pechan o fondo como unha pantalla que filtra a luz do ceo. Sensibilidade romántica e abstracción lírica trascenden o simple esquema da composición.
Exposiciones
«Pintura-Lampadas», do 12 de xuño ó 4 de xullo de 1993 en Vila Praia de Áncora, Portugal.