NIÑA CON FLOR LEYENDO

- INV:
- 9024
- Dimensiones:
- 89 x 59 x 53
- Técnica:
- FERRO FORXADO 60 K
Comentarios
A figura, sentada no chan coas pernas cruzadas e un libro aberto entre elas, suxeita na man unha flor. A dura chapa de metal dóbrase, recórtase e ondúlase, dándolle vida á escultura.
Insinúanse teas e engurras e xógase co enmarañado cabelo que cae de forma aleatoria enmarcándolle o rostro. A forza creadora do artista e a súa capacidade plástica captan o inaprensible, salvagardando o candor do ámbito que configura o personaxe.