Comentarios
É unha peza única, fundida directamente polo artista. Afástase de escultura tradicional compacta, de vulto redondo, para traballar cunha lámina de bronce coa que constrúe a cabeza executada como unha máscara para ser vista frontalmente. Busca a linealidade e o ritmo, valorando o vaciado da cabeza que se estreita cara a abaixo, cunha forma triangular que encontra a súa estabilidade na base de granito que se integra na escultura. O esquematismo da cara e o xogo de curvas e formas que voan producen unha obra suxestiva, con algo de alegórico, na que o pulido natural do bronce contrasta con zonas rugosas, traballos de buril e a pátina producida por oxidacións provocadas, logrando o mesmo efecto que se a obra estivera exposta á oxidación natural que provoca no bronce a intemperie.
Bibliografía
"Pontevedra con Centroamérica" catálogo dla subasta en beneficio dos damnificados polo furacán Mitch, Diputación Provincial de Pontevedra, 1999. Reproducida a obra en la p. 68
Exposiciones
Auditorio Caixavigo, na poxa a beneficio dos damnificados polo furacán Mitch, Vigo, 1999.