• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

DOS CUARTOS, UNA MITAD

MARCOS JUNCAL

DOS CUARTOS, UNA MITAD
INV:
9305
Año de creación:
2007
Dimensiones:
80 x 163 x 49
Técnica:
madeira e poliester

Comentarios

Un semicírculo de baixa altura para poder ver o seu interior contén unha serie de números colocados sen orde dentro deste colector.

Cores planas e puras que utiliza con moderación e que reflicten unha forte simboloxía: o azul dos números podería remitirnos á cor do infinito, dos soños e do marabilloso. A sabedoría, serenidade, sosego, verdade eterna e inmortalidade. En contraposición, o negro do colector suxire o misterio, a morte, a ausencia da cor.

Unha visión persoal da escultura, onde o seu peculiar concepto dos materiais, da cor e da forma o leva a construír obxectos sinxelos onde o número, peza clave na poética do artista, encerra unha mensaxe velada, un interrogante. Como di o artista: "Os números son a orixe de todo, a esencia da natureza. Todo está harmonicamente disposto e ordenado. Todo se pode traducir a números, todo se pode traducir a arte".

Arte simplificada, elemental, de beleza estraña, pero cunha enorme forza plástica, onde as súas ideas radican no racional, ao mesmo tempo que conviven co caos.

Exposiciones

Exposición “De Nova Materia. Escultura Contemporánea na Colección Caixanova” no  Centro Social Caixanova Pontevedra, Do 21 febreiro ao 23 marzo 2008..- Centro Cultural Caixanova Vigo. do 15 maio ao 15 xuño 2008.- Centro Social Caixanova Ourense. Do 16 setembro ao 19 outubro 2008.

Reproducciones

Catálogo da exposición "De Nova Materia. Escultura Contemporánea na Colección Caixanova", páxs. 70-71.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78