Sin título
Comentarios
Unha grande forma, cunha brancura metafísica enfatizada en primeiro plano, ocupa de arriba abaixo toda a superficie pictórica, resaltando sobre un escaso fondo, negro, baleiro. O grande formato ergue a imaxe a unha especie de emblema que suxire unha inmersión no cadro. Como unha crisálida protexida por veos, ou, coma un corpo humano momificado, a súa presencia é portadora de mensaxes e misterios. Xorde o tema da cración, do inicio da vida e tamén a evocación dun signo que esconxura a morte. O pintor simplemente parte dunha idea e a medida que avanza na súa creación artística o motico escápalle e fica sen título porque podería ter infinidade deles.Exposiciones
"1984-2004.Vinte anos de creación artística en Galicia na Colección Caixanova". Do 26 de febreiro ao 28 de marzo 2004.Centro Cultural Caixanova. Vigo.
Reproducciones
"Colección Caixavigo. Pintura-Escultura-Dibujo". Tomo 3, páxina 311.