IESIDE. Escuela de negocios

Desde a Afundación Obra Social ABANCA cremos que informar toda a cidadanía sobre as finanzas persoais nas diferentes etapas da vida é importante, isto tradúcese nun avance cara a un comportamento máis responsable e nunha toma de decisións financeiras máis informada. Así nace o noso programa de Educación Financeira, de que máis de 14.600 persoas se beneficiaron en 2017, sendo maioría o público novo.

Escolares

Inscricións do 1 de outubro ata esgotar prazas.

Grand Prix Financeiro. Xogamos a ser maiores? Divírtome aprendendo a aforrar! (1º a 6º de primaria)

Divertido xogo para público infantil que ensina que se debe facer un uso racional do diñeiro porque non aparece por encantamento.

De los cuentos a las cuentas (5º e 6º primaria)

Obra de teatro dirixida a escolares que traslada de forma lúdica a importancia do aforro, facéndoos conscientes de que o que se desexa ten un custo e require de esforzo.

«Preparados para dar o salto?: As necesidades financeiras ao longo da vida» (ESO, bacharelato e Ciclos Formativos)

Conferencia sobre a importancia dun comportamento financeiro responsable desde tres eidos:

  • a xestión do diñeiro
  • a escolla de produtos de banca
  • a planificación

As túas finanzas, o teu futuro (3º e 4º ESO)

Persoas xubiladas do plan de voluntariado ABANCA imparten este programa de formación financeira básica por diferentes colexios galegos.

Novidade! Seguramente ABANCA (Primaria, secundaria e Ciclos Formativos)

Busca sensibilizar nen@s e mocidade da prevención de riscos e valorar a importancia dos seguros como un investimento ante os imprevistos da vida a través dun concurso escolar.

Novidade! ABANCA Young Business Talent (4º ESO, bacharelato e Ciclos Formativos)

Programa educativo para mocidade baseado nun simulador empresarial que reproduce as características dun mercado e os seus competidores.

Programa «A Empresa Familiar nas aulas». 6º de primaria e 4º de ESO

Os obxectivos deste programa, promovido pola Asociación Galega da Empresa Familiar, son dar a coñecer o papel e relevancia da empresa familiar na economía e sociedade, trasladar unha imaxe positiva sobre a figura do empresariado e promover o espírito emprendedor entre as persoas mozas, especialmente entre o estudantado.

Xuventude

Inscricións do 1 de outubro ata esgotar prazas.

FPDual (18 a 35 anos) Actividade Interna en colaboración coa Xunta de Galicia. (Non precisa de inscrición).

Seminarios e cursos con sesións teóricas e prácticas para alumnado de ciclos formativos de Comercio e Márketing e de Administración e Xestión impartidos por persoal de ABANCA, que pretenden actualizar e complementar os coñecementos docentes.

Campus ABANCA (18 a 35 años)

En colaboración con las universidades gallegas, está dirigido a difundir la educación financiera y la cultura emprendedora entre estudiantes de universidad.

Maiores

Desde os Espazos +60 Afundación ofrecemos no Curso 2018-2019 xornadas e obradoiros relacionados coas finanzas:

Curso Banca Electrónica e Móbil. (Máis de 60 anos)

En colaboración co departamento de Banca Electrónica e Móbil de ABANCA, este curso familiarízanos con operacións e situacións habituais de banca. Operacións con recibos, como aplicar límites e bloqueos ás tarxetas e, sobre todo, cuestións de ciberseguridade relacionadas con claves de banca electrónica e pagos online.

Novidade! Obradoiro de Cultura Financeira, Obradoiro de Fiscalidade e Sucesións e Obradoiro de bolsa. (Máis de 60 anos)

Talleres dun día de duración, en colaboración co Departamento de Banca Persoal e Mercados de ABANCA. Prazas limitadas!

Novidade! Fai a túa vida máis doada cos caixeiros ABANCA. (Máis de 60 anos)

Taller de dixitalización, en colaboración co departamento de Sistemática e Operativa de ABANCA. Prazas limitadas!