
Cos nosos proxectos de voluntariado interxeracional poderás contribuír ao diálogo con mozos, nenos e e nenas, participando nos clubs de lectura en centros de secundaria. A través dos proxectos de voluntariado cultural e educativo poderás achegar os teus coñecementos a outras persoas maiores participando como formador/a ou guía de rutas históricas, ou participar en actuacións dos nosos grupos artísticos de contacontos, teatro, monicreques ou musicais en beneficio de diferentes colectivos.
Se queres facer voluntariado medioambiental, poderás achegar o teu coñecemento para a plantación de árbores. Se a túa vocación é social, nos nosos obradoiros solidarios podes aprender a elaborar produtos de artesanía destinados á venda nos nosos mercados solidarios cuxa recadación destinamos a oenegués de acción social.
-
Club de lectura interxeracional
Se che interesa participar, infórmate no teu Espazo +60-
ONDE:
Espazo +60 Lugo
-
-
Obradoiro interxeracional de teatro lido e contacontos
Se che interesa participar como voluntario infórmate no Espazo +60 Betanzos, Espazo +60 Ourense ou no Espazo +60 Monforte . Se queres levar esta actividade ao teu centro eduacativo, solicítaa enviando un correo a [email protected] ou chamando ao 981 188 343-
ONDE:
ConsultarObradoiro interxeracional de teatro lido e contacontos
-
-
Actuacións de música tradicional para escolares
Se che interesa participar como voluntario infórmate no Espazo +60 Santiago ou no Espazo +60 Lugo. Se queres levar a actividade ao teu centro educativo solicitao enviando un correo a [email protected] ou chamando ao 981 188 343-
ONDE:
ConsultarActuacións de música tradicional para escolares
-
-
Obradoiro de monicreques interxeracional
Se che interesa participar como voluntario infórmate no Espazo +60 A Coruña. Se queres levar a actividade ao teu centro educativo infórmate no Espazo +60 A Coruña ou solicítaa enviando un correo a [email protected] ou chamando ao 981 188 343-
ONDE:
Espazo +60 A Coruña
-