
Cos nosos proxectos de voluntariado interxeracional poderás contribuír ao diálogo con mozos, nenos e e nenas, participando nos clubs de lectura en centros de secundaria. A través dos proxectos de voluntariado cultural e educativo poderás achegar os teus coñecementos a outras persoas maiores participando como formador/a ou guía de rutas históricas, ou participar en actuacións dos nosos grupos artísticos de contacontos, teatro, monicreques ou musicais en beneficio de diferentes colectivos.
Se queres facer voluntariado medioambiental, poderás achegar o teu coñecemento para a plantación de árbores. Se a túa vocación é social, nos nosos obradoiros solidarios podes aprender a elaborar produtos de artesanía destinados á venda nos nosos mercados solidarios cuxa recadación destinamos a oenegués de acción social.
-
CUBERTOS NADAL 2021
A acción forma parte das iniciativas postas en marcha para paliar as necesidades das persoas e fogares máis desfavorecidos durante as festas do Nadal-
Datas:
22 e 23 de decembro
-
Horario:
10:00 a 14:00
-
-
Dinamización de accións solidarias
Se che interesa participar, infórmate no teu Espazo +60!-
ONDE:
Consultar
-
-
Obradoiro e tenda solidaria en favor de oenegués
Se che interesa participar, infórmate no Espazo +60!-
ONDE:
ConsultarObradoiro e tenda solidaria en favor de oenegués
-