• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Afundación acollerá no Festival «Imaxinaria» a presentación de 10 películas para a infancia e un obradoiro de animación
Sala de prensa
Afundación acollerá no Festival «Imaxinaria» a presentación de 10 películas para a infancia e un obradoiro de animación

Afundación acollerá no Festival «Imaxinaria» a presentación de 10 películas para a infancia e un obradoiro de animación

mércores, 26 de abril de 2023
Cultura

A creación de novos públicos para o cinema de animación en Galicia é un dos obxectivos cos que nace o Festival «Imaxinaria». Por iso a programación do evento, que se celebrará do 10 ao 14 de maio na Sede Afundación da Coruña, inclúe a proxección de 9 películas de animación para nenos e nenas a concurso. Haberá ademais, e fóra de competición, un pase familiar da premiada cinta brasileira O menino e o mundo. E un obradoiro onde os menores poderán aprender a facer películas con siluetas de papel sen saír de casa.

Imaxinaria é o primeiro gran evento galego dedicado ao cinema de animación nun contexto no que os creadores e creadoras da comunidade autónoma que utilizan a animación como linguaxe para construír os seus filmes fixeron de Galicia o gran centro de produción deste tipo de cinema nos últimos anos. Polo menos, no que a premios e recoñecementos refírese. O Festival «Imaxinaria» está promovido pola Obra Social de ABANCA e conta coa dirección do debuxante e cineasta Alberto Vázquez – catro premios Goya no seu haber–, e a xestora cultural e directora da Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea (MiiC) Matilde Rodríguez.

 

 

Cinema para toda la familia

As proxeccións e actividades dirixidas á infancia que forman parte da programación de «Imaxinaria» celebraranse coincidindo coa fin de semana, os días 13 e 14 de maio. O sábado poderán verse as curtametraxes a concurso na sección do Festival. Será a partir das 16 horas.

As curtametraxes a competición, recomendadas para un público de máis de 3 anos, dividiranse en dous bloques. Das 9 películas que se proxectarán, 5 son estreas en Galicia. Unha delas, a produción franco-checa The Goose, estrearase en España durante o Festival. Conta a historia dun neno que soña con converterse nun futbolista famoso e xogar en grandes estadios, pero primeiro ten que gañar un partido nun pequeno patio traseiro contra un ganso.

Os menores poderán votar cal é a película que máis lle gustou. E serán os seus votos os que decidan cal dos filmes recibe o Premio do Xurado Infantil.

Un día despois, o domingo, os máis pequenos poderán asistir á proxección do filme O Menino e o Mundo, do realizador brasilero Alê Abreu. Nomeada aos Óscar en 2016 e premiada nalgúns dos festivais de animación máis importantes do mundo, a película conta a historia dun neno dunha zona rural de Brasil que decide emprender só unha viaxe á cidade en busca do seu pai.

As proxeccións forman parte dunha programación, a infantil, que comeza co obradoiro de animación con siluetas. Impartirao a creadora visual galega Montse Piñeiro. Os menores poderán aprender como facer, a partir de materiais dispoñibles en todas as casas -papel, tesoiras…- unha película de animación. Ademais, antes do obradoiro proxectarase un dos filmes realizados utilizando está técnica, fai preto de 100 anos, pola realizadora alemá Lotte Reinigier. O Festival «Imaxinaria» tamén proxectará, o día da súa inauguración -10 de maio- o filme de Reinigier As Aventuras do Príncipe Achmed (1926). Trátase da película de animación máis antiga que se conserva.                                                                                      

«Imaxinaria» forma parte da iniciativa solidaria «Cultura por alimentos», que Afundación leva a cabo en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos. O acceso ás actividades será gratis, previo rexistro en Ataquilla.com, a cambio da entrega de produtos non perecedoiros nos contedores que estarán dispostos na entrada da Sede de Afundación.

 

As imaxes da programación infantil do festival están dispoñibles na seguinte ligazón.

 

Máis documentación e imaxes do festival, dispoñibles na seguinte ligazón.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078