• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Afundación continúa en Ourense co seu proxecto interxeracional «Falamos da escola»
Sala de prensa
Afundación continúa en Ourense co seu proxecto interxeracional «Falamos da escola»

Afundación continúa en Ourense co seu proxecto interxeracional «Falamos da escola»

luns, 24 de abril de 2023
Envejecimiento activo

Afundación, a Obra Social de ABANCA, continúa coa nova edición do seu programa interxeracional «Falamos da escola», tras a súa interrupción desde 2020 como consecuencia da pandemia. As experiencias das persoas maiores na escola e a comparativa coa escola de hoxe son o fío condutor do diálogo entre maiores e mocidade neste proxecto, que celebra a súa terceira edición e no que participaron desde o seu inicio case 1000 estudantes de secundaria e bacharelato de 12 centros educativos de toda Galicia e 64 persoas maiores voluntarias, socias dos espazos +60. «Falamos da escola», do mesmo xeito que o outro programa interxeracional de Afundación, «Fálame da emigración», desenvólvese en centros escolares situados nas localidades, e a súa área de influencia, nas que Afundación conta cun espazo +60: as sete principais cidades galegas e as poboacións de Viveiro, Betanzos, Pontedeume e Monforte de Lemos.

O encontro nas aulas iníciase cun relato das persoas voluntarias participantes sobre a súa experiencia escolar, para que o alumnado comprenda as circunstancias de vida da súa xeración e o tempo histórico que lles tocou vivir. Para iso comparten fotografías, libros e obxectos que axudan a achegar as diferentes realidades escolares: escolas populares gratuítas, escolas pías, públicas, escolas en domicilios particulares e tamén os relatos de quen non puideron ir á escola ou as dificultades das mulleres para acceder á educación.

Nun segundo encontro, maiores e novos, a través de dinámicas participativas, reflexionan conxuntamente para responder á pregunta «Cal debe ser o papel da escola contemporánea?». As diferentes achegas realizadas desde experiencias escolares tan dispares son postas en común e agrupadas por temáticas nun gran panel no que, finalmente, cada participante prioriza os cinco obxectivos que considera máis relevantes. O resultado final é unha contribución orixinal ao debate educativo, realizado en clave interxeracional.

O proxecto proporciona un marco de aprendizaxe non formal que favorece a empatía entre maiores e mocidade, o entendemento mutuo, a curiosidade e a motivación do alumnado, á vez que contribúe a eliminar estereotipos por ambas as partes, en liña co modelo de educación transformadora promovido por Afundación. No encontro celebrado esta mañá no Colexio Padre Feijoo Zorelle de Ourense cinco voluntarias do Espazo+60 Afundación relataron na aula como foi a súa experiencia na escola da súa nenez e adolescencia.

As historias de vida das persoas voluntarias, o dossier do programa e as imaxes do encontro de hoxe están dispoñibles na seguinte ligazón.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078