• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área educativa
      • IESIDE
      • Formación profesional
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Afundación inaugura en Pontevedra unha mostra que nos invita a descubrir pezas cargadas de ironía, humor e retranca
Sala de prensa
Afundación inaugura en Pontevedra unha mostra que nos invita a descubrir pezas cargadas de ironía, humor e retranca

Afundación inaugura en Pontevedra unha mostra que nos invita a descubrir pezas cargadas de ironía, humor e retranca

mércores, 01 de febreiro de 2023
Cultura

Afundación, a Obra Social de ABANCA, presentou hoxe un novo proxecto expositivo no seu Café Moderno Afundación Pontevedra, «Vexo, vexo. Que ves? Xogo, humor e metáforas na Colección de Arte Afundación». Unha montaxe que xira arredor da idea de que o humor é unha emoción positiva e tamén unha valiosa ferramenta para denunciar e enfrontar as situacións máis extremas, como a guerra e as inxustizas sociais.

As imaxes están dispoñibles aquí.

A exposición conta coa colaboración do multifacético Pedro Feijoo, que achega un texto no que o escritor, músico e produtor musical, reflexiona sobre o humor e a arte.

A arte ten infindos recursos para trasladar experiencias, sensacións e mensaxes. O humor e a metáfora visual, canda a súa vertente lúdica, son algúns dos mecanismos máis interesantes para procesar a realidade, ao provocaren facelo dun xeito menos evidente e máis creativo. A arte contemporánea evita enunciar directamente o seu significado; xa que logo, tende a evocalo e a lle outorgar un papel activo ao público, polo que se serve destes recursos dun xeito único, despregando todo o seu potencial comunicativo. Igual que no xogo infantil «Vexo, Vexo! Que ves?», vanse apañando intuitivamente todos os detalles da peza de arte como se fosen pistas, ata chegar a resolver o que nesta ocasión, e por se tratar de arte contemporánea, poida que teña moitas respostas.

A retranca, como emblema comunicativo do carácter galego, está moi presente nesta escolma de artistas do país. Esas chiscadelas visuais teñen grandes méritos. Permitiron escorregar mensaxes incómodas, zafar censuras e tamén conectar co público, ao proporcionaren unha versión máis amable e divertida da arte, aínda cando estaban a falar de asuntos de envergadura. Grandes temas da sociedade, como a guerra, o amor, a natureza e a súa devastación, ou a propia arte, son pensados, e ridos ou chorados desde esa óptica particular, que inflúe na súa creación e, indubidablemente, na súa percepción.

O percorrido arranca cun gravado de Goya da serie «Os caprichos» como punto de partida do uso do humor e a ironía na denuncia de realidades inxustas. Tras el, e compartindo espírito, tres debuxos de Castelao, como pai galego desta tendencia. A este inicio lle suceden outras obras de moi diferente perfil como as pezas de Oro Claro, o debuxo de Nano4814, os cómics de Jacobo Fernández, o lenzo de Berta Cáccamo ou a fotografía de Helena Segura Torrella, entre outras diversas pezas.

Entre os temas propostos na exposición destaca o tratamento da guerra, a presenza da natureza, as homenaxes a outros artistas ou obras, e a denuncia do consumismo na sociedade actual, entre outros.

O servizo didáctico de Afundación ofrece visitas creativas con obradoiros adaptados aos diferentes grupos escolares, desde infantil ata bacharelato ou ciclos formativos.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078